Visión
Contribuír a unha sociedade na que as persoas poidan informar sobre infraccións que afecten o interese público con confianza, seguridade e sen temor a represalias, fortalecendo a integridade institucional, a rendición de contas e o Estado de Dereito.
Misión
A misión da AIPI é protexer ás persoas informantes de forma efectiva, mediante ferramentas de fácil acceso que garantan a súa confidencialidade e que permitan unha investigación rigorosa das denuncicas recibidas que poden desembocar en procesos sancionadores, no seo dun sistema público que permite o fomento da cultura da información de forma homoxénea, en colaboración coas organizacións competentes no territorio, garantindo a independencia da súa actuación.