O nomeamento ou cesamento do Responsable do Sistema deberá notificarse á AIPI nos seguintes supostos:
- Cando se trate de persoas físicas ou xurídicas do sector privado que teñan contratados cincuenta ou máis traballadores ou de persoas xurídicas do sector privado que entren no ámbito de aplicación dos actos da Unión Europea a que se refire o artigo 10.1.b), e dispoñan de establecementos en máis dunha Comunidade Autónoma.
- Cando a entidade obrigada dispoña de establecemento nunha única Comunidade Autónoma que non conte con autoridade autonómica con competencias sancionadoras do Título IX da Lei 2/2033 no sector privado.