Estrutura organizativa e organigrama
  • Que é a Autoridade Independente de Protección do Informante?
  • Visión e Misión
  • Funcións
    • Portada de O equipo
    • Presidencia
    • Estrutura organizativa e organigrama
      • Ir a Responsables e perfís profesionais
      • Director do Departamento de Protección do Informante
      • Directora do Departamento de Seguimento e Réxime Sancionador
      • Xerente
    • Comisión Consultiva de Protección do Informante
    • Portada de Memorias e Plan Estratéxico
    • Memoria anual 2025
  • Cooperación institucional
  1. Inicio
  2. Nós
  3. O equipo
  4. Estrutura organizativa e organigrama

Estrutura organizativa e organigrama

Organigrama completo en formato PDF-Actualizado a 24/06/2026

Relación de postos de traballo (Portal de Transparencia)

A Autoridade Independente de Protección do Informante estrutúrase nunha Presidencia e na Comisión Consultiva de Protección do Informante.

Da Presidencia dependen directamente tres órganos con nivel de subdirección xeral.

Presidente: Manuel Villoria Mendieta

Funcións:

A Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, atribúe á Presidencia da Autoridade amplas responsabilidades na gobernación da institución e na toma de decisións. As súas funcións están reguladas no artigo 55 desa norma e no artigo 12 do Estatuto da Autoridade. Entre outras cuestións:

  • Ostenta a representación legal da Autoridade.

  • Acorda a convocatoria das sesións ordinarias e extraordinarias da Comisión Consultiva de Protección do Informante.

  • Dispón os gastos e ordena os pagos da Autoridade.

  • Celebra os contratos e convenios.

  • Desempeña a xefatura superior de todo o persoal da Autoridade, aprobando as propostas de relacións de postos de traballo e convocando e resolvendo os procesos de provisión de postos de traballo, entre outras funcións.

  • Nomea ás persoas titulares dos órganos directivos da Autoridade.

  • Dicta resolución nos procedimentos en materia sancionadora nos termos previstos no título IX da Lei 2/2023.

  • Preside as reunións da Comisión Consultiva de Protección do Informante.

  • Aproba o anteproxecto de orzamento e as contas anuais do organismo.

  • É o órgano de contratación da Autoridade, aproba os gastos e ordea os pagos, aprobando o inventario de bens e dereitos.

  • Resolve recursos contra os actos e as decisións adoptados en materias da súa competencia.

Titular: Manuel García Prieto

Funcións:

  • Adoptar as medidas de protección e apoio do informante previstas na Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
  • Xestionar a canle externa de comunicacións regulado no título III da Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
  • Publicar o procedemento de xestión de informacións, tanto da canle externa como da canle interna da Autoridade.
  • Xestionar a base de datos do Sistema de Xestión de Información na que se rexistrarán as comunicacións recibidas na canle externa.
  • Aqueloutras que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Presidencia ou por unha norma de rango legal ou regulamentario.

Contacto: proteccion@aipi.gob.es.

Titular: Teresa de Jesús Sánchez Armas

Funcións:

  • Tramitar os procedementos sancionadores polas infraccións previstas no título IX da Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
  • Tramitar o procedemento para determinar os supostos de exención e atenuación da sanción a que se refire o artigo 40 da Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
  • Elaborar as circulares e recomendacións que establezan os criterios e prácticas adecuados para o correcto funcionamento da Autoridade, así como os modelos de prevención de delito no ámbito público.
  • Elaborar os informes que se emitan de forma preceptiva na elaboración de anteproxectos e proxectos de disposicións xerais que afecten o ámbito de competencias e ás funcións que desenvolve a Autoridade, así como aqueles informes non preceptivos emitidos na tramitación de normas que sexan sometidas ao seu parecer.
  • Elaborar a Memoria anual á que se refire a disposición adicional terceira da Lei 2/2023, de 20 de febreiro, así como das estadísticas sobre as informacións a que se refire o capítulo III da antedita lei.
  • Exercer a secretaría da Comisión Consultiva de Protección do Informante.
  • Aqueloutras que lle sexan encomendadas pola persoa titular da Presidencia da Autoridade ou por unha norma de rango legal o regulamentario.

Contacto: sancionador@aipi.gob.es.

Titular: María José Gómez García de Soria

Funcións:

  • A xestión e administración de recursos humanos incluída a elaboración da relación de postos de traballo, a xestión dos procesos de selección do persoal laboral, a xestión da acción social e a formación dos recursos humanos, así como a instrución de expedientes disciplinarios sobre faltas cometidas polo persoal da Autoridade.
  • A planificación e execución da política de prevención de riscos laborais.
  • As relacións cos órganos de participación e representación do persoal.
  • O deseño e implementación dun sistema de avaliación do desempeño do persoal no marco do establecido na normativa vixente.
  • Elaborar o plan de actuación anual e as súas actualizacións.
  • A xestión dos recursos materiais da Autoridade, e o exercicio das competencias en materia patrimonial correspondentes á mesma, a conservación e mantemento e seguridade do seu patrimonio e levar o inventario dos bens e dereitos que se integren nel.
  • O réxime interior, asuntos xerais e a coordinación e inspección das instalacións e servizos da Autoridade.
  • A xestión económico-financeira e patrimonial da entidade, a elaboración do anteproxecto do orzamento anual da Autoridade, e a tramitación das súas variacións.
  • A tramitación dos expedientes de contratación para adquisición de bens e servizos, así como a habilitación do material.
  • A xestión orzamentaria, dos ingresos e gastos, a realización dos cobros e pagos e a xestión da tesouraría da Autoridade.
  • As actuacións referentes á xestión contable e a súa tramitación documental, e á preparación das contas da Autoridade para a súa rendición e aprobación.
  • A xestión e recadación en período voluntario dos ingresos por sancións impostas pola Autoridade, ao abeiro do previsto polo título IX da Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
  • A dirección e organización dos servizos de arquivo e rexistro da Autoridade.
  • A xestión da canle interna da Autoridade Independente de Protección do Informante, A.A.I.
  • A xestión da base de datos do Sistema interno de información da Autoridade, en que se rexistrarán as comunicacións recibidas na canle interna.
  • A implantación, desenvolvemento e mantemento dos sistemas de información e dos medios electrónicos da Autoridade.
  • O mantemento e apoio ao funcionamento da canle externa de información da Autoridade.
  • O deseño e execución de plans, coordinación das actuacións e prestación dos servizos en materia de tecnoloxías da información e comunicacións.
  • A xestión e mantemento da sede electrónica e dos portais de internet.
  • O apoio, colaboración e asistencia no desenvolvemento das actuacións e investigacións realizadas polos órganos competentes, de acordo con o disposto na Lei 2/2023, do 20 de febreiro.
  • O asesoramento xurídico interno da Autoridade para o necesario exercicio das súas competencias e funcións e o seu funcionamento ordinario, sen prexuízo do disposto no artigo 36 do Estatuto da Autoridade.
  • O desempeño das demais facultades e funcións que lle atribúa o Estatuto e calquera outras normas aplicables, así como as que lle delegue no seu caso a Presidencia da Autoridade Independente de Protección do Informante, A.A.I.

Contacto: gerencia@aipi.gob.es.

Ademais, a Relación de Postos de Traballo da AIPI adscribe á Presidencia unha Unidade de Apoio.

Director de Gabinete: Ignacio Sáez Hidalgo