Unha das finalidades da Lei 2/2023, do 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción, é o fomento da cultura da información ou comunicación como mecanismo para previr e detectar ameazas ao interese público. E en atención á esta finalidade, contémplase como unha das funcións da Autoridade Independente de Protección do Informante o fomento e promoción da cultura da información.
A seguir recóllese o material, elaborado ou non pola AIPI, que contribúe ao fomento da cultura da información.