Sistema Interno de Información
  • Sistema Interno de Información
  • Notificación do nomeamento ou cesamento do RSII
  • Material de apoio
  1. Inicio
  2. Responsables SII
  3. Sistema Interno de Información

Sistema Interno de Información

Que é un Sistema Interno de Información?

O Sistema Interno de Información é o conxunto de mecanismos (canles, procedementos e garantías) establecidos polos organismos ou entidades para permitir a comunicación e xestión interna de informacións sobre posibles infraccións comprendidas na Lei 2/2023.

A súa finalidade é facilitar a detección temperá de irregularidades, protexer ás persoas informantes e permitir que as organizacións poidan previr, investigar e corrixir condutas contrarias ao interese público.

Que entidades están obrigadas a dispor dun SII?

Con carácter xeral, deberán disponer dun Sistema Interno de Información todas as entidades do sector público.

No sector privado esta obligación aplícase, con carácter xeral, ás persoas físicas ou xurídicas que teñan contratados a cincuenta ou máis traballadores que teñan unha presenza organizativa ou establecemento efectivo en España. Tamén extenderase de forma particular ás persoas xurídicas que, con independencia do seu número de traballadores, desenrolen actividades en ámbitos para os que exista unha obligación específica establecida pola normativa da Unión Europea.

Tamén están obligados os partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariais que reciban ou xestionen fondos públicos.