Informacións
    • Portada de Protección de informantes
    • Comparece informante protexida
    • Procedemento
    • Portada de Recepción de informacións e investigación
    • Como informar
    • Quen pode informar
    • Informacións
    • Procedemento de xestión de informacións da canle externa da AIPI
    • Portada de Potestade sancionadora
    • Competencias
    • Infraccións
    • Sancións
    • Procedemento
  • Cando actuamos
  1. Inicio
  2. O noso traballo
  3. Recepción de informacións e investigación
  4. Informacións

Que infraccións poden comunicarse?

A Lei permite comunicar determinadas infraccións e delitos (artigo 2 da Lei 2/2023) coñecidos no marco dunha relación laboral ou profesional coa organización:

1. Calquera acción ou omisión que poida constituír infracción do Dereito da Unión Europea sempre que entre dentro do ámbito de aplicación da normativa relativa á protección das persoas que informen sobre infraccións do Dereito da Unión, que verse sobre as seguintes materias (actos da UE enumerados no anexo da Directiva (UE) 2019/1937):

  • Contratación pública.
  • Servizos, produtos e mercados financeiros e prevención do branqueo de capitais e o financiamento do terrorismo.
  • Seguridade e conformidade dos produtos; especialmente produtos sensibles e perigosos.
  • Seguridade do transporte (ferroviario, por estrada, aéreo ou marítimo).
  • Protección do medio ambiente (medio ambiente e clima, desenvolvemento sustentable e xestión de residuos, contaminación mariña, atmosférica e sonora, a protección e xestión de augas e chans, protección da natureza e biodiversidade).
  • Protección radiolóxica e seguridade nuclear.
  • Seguridade dos alimentos e os pensos, sanidade animal e benestar dos animais.
  • Saúde pública (calidade e seguridade dos órganos e sustancias de orixe humana, calidade e seguridade dos medicamentos e produtos de uso médico, dereitos dos pacientes, regulación do tabaco).
  • Protección dos consumidores.
  • Protección da vida privada e dos datos persoais, seguridade das redes e dos sistemas de información

2. Accións ou omisións que afecten os intereses financeiros da Unión Europea ou infraccións relativas ao mercado interior.

Accións ou omisións que afecten os intereses financeiros da Unión Europea tal e como se contemplan no artigo 325 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE); ou incidan no mercado interior, tal e como se contempla no artigo 26, apartado 2 do TFUE, incluídas as infraccións das normas da Unión Europea en materia de competencia e axudas outorgadas polos Estados, así como as infraccións relativas ao mercado interior en relación cos actos que infrinxan as normas do imposto sobre sociedades ou con prácticas cuxa finalidade sexa obter unha vantaxe fiscal que desvirtue o obxecto ou a finalidade da lexislación aplicable ao imposto sobre sociedades.

3. Accións ou omisións ou omisións que poidan ser constitutivas de infracción penal ou administrativa grave ou moi grave.

En todo caso, entenderanse comprendidas todas aquelas infraccións penais ou administrativas graves ou moi graves que impliquen quebranto económico para a Facenda Pública e para a Seguridade Social.

A AIPI non é competente para:

  • Informacións sobre infraccións obtidas fóra do contexto laboral ou profesional.
  • Queixas pola insatisfacción provocada polo funcionamento inadecuado dos servizos públicos, suxestións para a súa mellora ou falta de acordo con unha resolución xudicial.
  • Condutas ou actuacións que previamente se comunicaron ante as forzas de seguridade, os tribunais, o Ministerio Fiscal, a Fiscalía Europea, o Servizo Nacional de Coordinación Antifraude, o Tribunal de Contas, Oficina Europea de Loita contra a fraude (OLAF), as autoridades de xestión ou control, etc.
  • Infraccións suxeitas á competencia doutras autoridades autonómicas de protección de persoas informantes.
  • Infraccións que afecten o sector público autonómico e local de Comunidades autónomas que non asinasen un convenio coa AIPI.
  • Problemas derivados de compras, servizos, outras relacións contractuais ou estafas entre persoas físicas, entre persoas xurídicas ou entre estas últimas e persoas físicas.
  • Problemas derivados de relacións contractuais privadas.
  • Comunicacións que afecten a información clasificada, do segredo profesional dos profesionais do medicamento e da avogacía, do deber de confidencialidade das Forzas e Corpos de Seguridade afectadas polo segredo das deliberacións xudiciais.

A existencia destas exclusións non implica necesariamente que os feitos carezan de relevancia xurídica, senón unicamente que deberán exporse a través doutros procedementos ou ante outras autoridades.