Os días 28 e 29 de setembro produciuse a XVII reunión da Rede de Oficinas, Axencias e Órganos Antifraude do estado español, en Barcelona. Nela participou a AIPI, representada polo seu presidente, Manuel Villoria, e o seu director de gabinete, Ignacio Sáez. A reunión iniciouse cunhas palabras de benvida do alcalde de Barcelona e do primeiro tenente de alcalde.
Inmediatamente despois, Manuel Villoria expuxo os aspectos esenciais do plan anticorrupción do Goberno de España e do proxecto de lei orgánica de integridade pública.
A reunión concluíu cunha declaración institucional na que a AIPI participou con diversas recomendacións, aceptadas en gran medida polas organizacións participantes, que se fará pública unha vez asinada.